mércores, 27 de xuño de 2018

Proxecto XERMOLON

O proxecto xermolón trata de que o alumnado e a comunidade educativa adquira unha conciencia crítica ao respecto dos produtos que consumen no seu tempo de lecer. Que aprendan a ler as etiquetas nutricionais dos produtos e a comparalas coas refencias que distintas organizacións e entidades (entre as que está a Organización Mundial da Saúde) aportan para que a nosa alimentación sexa máis equilibrada e sá.
Algúns dos traballos presentados polos alumnos apórtannos información relevante sobre a composición nutricional dos produtos que adoitan consumir os seus compañeiros e, o que é máis importante, suxiren alternativas máis sans.
Outros traballos baseáronse nos listados de alimentos que o alumnado de 1º de ESO recolleu nos frigoríficos e alacenas das súas casas e que o alumnado de 1º de bacharelato analizou críticamente separándoos en categorías de frescos e procesados e facendo unha revisión do que cada categoría de alimentos supón desde o punto de vista da nutrición e da saúde.
Algúns exemplos destes traballos podemos velos abaixo:

martes, 19 de xuño de 2018

Asi somos!

Nesta entrada poderás ver os resultados da enquisa sobre nutrición realizada polo alumnado do IES Valle Inclán neste curso 2017-2018.
O alumnado de bacharelato, coordinado pola profesora de TICs analizou os datos e elaborou os gráficos nos que podedes atopar o perfil nutricional do alumnado por niveis e por xéneros.
Que vos chama máis a atención?

Perfil nutricional do alumnado de secundaria. O IES Valle Inclán



xoves, 14 de xuño de 2018

O sabor da aventura está no mar


O sabor da aventura está no mar. Coñecemos os beneficios dos produtos mariños que nos explicaron os membros da pandilla dos arroaces.
Mexilón, troita, lirio, rodaballo, pescada, sardiña e xurelo explicáronnos como mellorará a nosa vista, o estado de ánimo,a forza, a memoria e tantas cousas... Anímate a probalos!
Tamén coñecemos os distintos traballos do mar e artes de pesca sostibles. Tamén como diferenciar unha zamburiña dunha volandeira e unha navalla dun longueirón e a importancia de depurar os moluscos antes de consumilos.