Premendo no seguinte enlace poderás atopar a enquisa de actividade física. Cubríndoa obterás a túa bonificación e contribuirás a que poidamos ter unha imaxe máis axustada da actividade física que practica o noso alumnado. Grazas!
venres, 18 de decembro de 2020
ENQUISA SOBRE HÁBITOS DE ALIMENTACIÓN
Na seguinte enquisa tedes unha serie de preguntas sobre os vosos hábitos de alimentación que vos permitirán valorar o grao de adherencia á dieta mediterránea (dieta recoñecida como saludable pola comunidade científica).
Contestade a todas as preguntas e, ao remate, premede en "ENVIAR".
Os datos serán tratados, analizados e publicados ELIMINANDO PREVIAMENTE os campos "NOME" e "APELIDOS", que so se recaban aos efectos de bonificar ao alumnado que participou na enquisa.
Así, entre todos/as podemos contribuir a investigar a realidade do noso alumnado en relación coa alimentación e axudar a mellorar os nosos hábitos. Preme no link en verde e enche a túa enquisa.
domingo, 6 de decembro de 2020
Rexistro Inxesta
Na aplicación "Myfitnesspal" (versión web ou aplicativo para o móbil) rexistrarase a inxesta diaria de comida e bebida, durante os seguisteis periodos:
- A partir do luns 2 de outubro e ata o día 17 de outubro (15 días)
- A partir do luns 23 de decembro ata o día 7 de xaneiro (15 días)