martes, 30 de outubro de 2018

ENQUISA DA ACTIVIDADE "O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR"

No seguinte enlace poderás cubrir o cuestionario-enquisa sobre o obradoiro "O Sabor da Aventura está no Mar" na que participaches o día 23 de outubro en Campelo.
Responde ás preguntas, premendo no enlace de abaixo, e envía as túas respostas para que poidamos mellorar.

Enquisa "O Sabor da Aventura"

luns, 22 de outubro de 2018

ENQUISA SOBRE ACTIVIDADE FÍSICA

Queremos coñecer cal é o teu nivel de actividade física nos derradeiros 7 días (a derradeira semana). Isto inclúe todas aquelas actividades como xogos, deportes, ximnasia ou danza que te fan suar ou sentirte canso/a e tamén os xogos que fan que a túa respiración sexa máis rápida, como o pilla-pilla, saltar á comba, correr, trepar e outras. Grazas por colaborar.
Lembra:
1. Non hai preguntas boas ou malas. Isto NON é un exame!
2. Contesta o cuestionario da forma máis honesta e sincera posible. Isto é moi importante

ENQUISA SOBRE ACTIVIDADE FÍSICA

ENQUISA SOBRE ALIMENTACIÓN

Premendo no link seguinte poderás cubrir a enquisa sobre alimentación  coa que valorar os puntos fortes e fracos dos teus hábitos alimenticios.
Este formulario está baseado na enquisa Enkid sobre adherencia á dieta mediterránea, que como sabes, está considerada unha das máis saudables do mundo.
Reflexiona antes de contestar a cada pregunta e trata de que a resposta sexa a que máis se aproxima á túa realidade.
Non esquezas cubrir todos os datos e premer o botón de ENVIAR ao remate.
Coidado! Se non envías a enquisa é como se non a fixeras!

ENQUISA SOBRE ALIMENTACIÓN


mércores, 27 de xuño de 2018

Proxecto XERMOLON

O proxecto xermolón trata de que o alumnado e a comunidade educativa adquira unha conciencia crítica ao respecto dos produtos que consumen no seu tempo de lecer. Que aprendan a ler as etiquetas nutricionais dos produtos e a comparalas coas refencias que distintas organizacións e entidades (entre as que está a Organización Mundial da Saúde) aportan para que a nosa alimentación sexa máis equilibrada e sá.
Algúns dos traballos presentados polos alumnos apórtannos información relevante sobre a composición nutricional dos produtos que adoitan consumir os seus compañeiros e, o que é máis importante, suxiren alternativas máis sans.
Outros traballos baseáronse nos listados de alimentos que o alumnado de 1º de ESO recolleu nos frigoríficos e alacenas das súas casas e que o alumnado de 1º de bacharelato analizou críticamente separándoos en categorías de frescos e procesados e facendo unha revisión do que cada categoría de alimentos supón desde o punto de vista da nutrición e da saúde.
Algúns exemplos destes traballos podemos velos abaixo:

martes, 19 de xuño de 2018

Asi somos!

Nesta entrada poderás ver os resultados da enquisa sobre nutrición realizada polo alumnado do IES Valle Inclán neste curso 2017-2018.
O alumnado de bacharelato, coordinado pola profesora de TICs analizou os datos e elaborou os gráficos nos que podedes atopar o perfil nutricional do alumnado por niveis e por xéneros.
Que vos chama máis a atención?

Perfil nutricional do alumnado de secundaria. O IES Valle Inclán



xoves, 14 de xuño de 2018

O sabor da aventura está no mar


O sabor da aventura está no mar. Coñecemos os beneficios dos produtos mariños que nos explicaron os membros da pandilla dos arroaces.
Mexilón, troita, lirio, rodaballo, pescada, sardiña e xurelo explicáronnos como mellorará a nosa vista, o estado de ánimo,a forza, a memoria e tantas cousas... Anímate a probalos!
Tamén coñecemos os distintos traballos do mar e artes de pesca sostibles. Tamén como diferenciar unha zamburiña dunha volandeira e unha navalla dun longueirón e a importancia de depurar os moluscos antes de consumilos.

xoves, 3 de maio de 2018

Análise das froitas

NESTA ENTRADA ANALIZAMOS AS FROITAS DE TEMPADA.

Estes traballos de análise foron realizados polo alumnado de 4º de ESO.

As recomendacións nutricionais da OMS inclúen o consumo de, alomenos, 5 racións de froitas ou verduras ao día.

Consumir froitas de tempada é máis doado, máis ecolóxico e máis sostible e, ademais, adoitan estar moito máis saborosas.

Se queres coñecer as características, variedades e propiedades dalgunhas froitas, preme no enlace.

AFROITATE NO VALLE INCLÁN

xoves, 26 de abril de 2018

A OMS propón eliminar os ácidos graxos trans de producción industrial do suministro mundial de alimentos

Premendo no seguinte enlace poderás ler a nova publicada na páxina da Organización Mundial da Saúde na que explica o que son as graxas trans e a incidencia que teñen na saúde das persoas:

A OMS PROPON ELIMINAR OS ÁCIDOS GRAXOS TRANS

xoves, 19 de abril de 2018

Empezando polo principio: ósos e articulacións.

O alumnado de 2º de ESO investigou como somos por dentro. Un a un e unha a unha foron aportando a materia precisa para construir este esquelete que nos recordou moito a un dos alumnos de prácticas do grao de Educación Física, así que lle puxeron o seu nome: Yerai.
Seguindo a labor de investigación, foron atopando os nomes dos ósos en todas as linguas que se estudian no centro: galego, castelán, inglés, francés, alemán, latín e grego.

Atreveste a aprendelos?
Saberías qué minerais é preciso introducir na dieta para que os nosos ósos estean sans e fortes?










xoves, 12 de abril de 2018

A OMS recomenda aplicar medidas en todo o mundo para reducir o consumo de bebidas azucaradas

No seguinte enlace poderás atopar un artigo no que a OMS explica as consecuencias do incremento constante no consumo de azúcar e propón medidas que os governos poden adoptar para reducir o consumo de produtos azucarados e limitar as consecuencias negativas para a saúde que estes veñen provocando nas últimas décadas

É PRECISO REDUCIR A INXESTA DE AZÚCAR

xoves, 5 de abril de 2018

Como promover unha alimentación sa

A Organización Mundial da Saúde ven facendo recomendacións para modificar as pautas nutricionais co obxectivo de que a xente mellore a súa saúde. Atentos ás súas recomendacións:

RECOMENDACIÓNS PARA UNHA ALIMENTACIÓN SAUDABLE

xoves, 29 de marzo de 2018

Calculador de necesidades nutricionais personalizadas

Queres saber as túas necesidades nutricionais, o número de calorías axeitado para a túa idade e estilo de vida, os nutrintes que deberían compoñer a túa dieta para que esta sexa saudable e balanceada?
Queres saber que alimentos son os que teñen maior cantidade dunha vitamina ou dun mineral?
Queres revisar a túa dieta ou algunha receta para saber a súa composición nutricional?
A Organización Mundial para a Alimentación e a Agricultura (FAO) dache unha ferramenta estupenda coa que podes facer todo isto e moito máis. Preme no enlace e entra nas aplicacións de SELFnutritiondata:

SELF NUTRITION DATA

xoves, 22 de marzo de 2018

Como compoñer o meu prato diario

O departamento de Agricultura dos Estados Unidos de América ven de publicar unha estratexia chamada "Mi Plato" na que se poden atopar consellos para unha alimentación saudable tanto en inglés como en español:
Na súa páxina atoparedes tanto información xeral como consellos ou receitas saudables.




MI PLATO

xoves, 15 de marzo de 2018

Mercado saudable dos alimentos

Se queres organizar unha dieta saudable podes comprobar a cantidade de cada tipo de alimentos que deberías de incluir na túa dieta semanal. Bota un vistazo!

MERCADO SAUDABLE