venres, 25 de xuño de 2021

Xa están na rúa os receitarios Lambe-lambe de froitas e o Lambe-lambe de produtos mariños

Os exemplares dos receitarios LAMBE-LAMBE xa están na rúa.

Hoxe distribuíronse os 300 exemplares entre o alumnado dos cursos participantes (2º de eSO e algúns alumnos de 3º) e enviáronse a institucións.

A biblioteca do IES tamén reservará uns exemplares para a súa consulta.

Temos que agradecer ao alumnado e profesorado participante, ao equipo de Dinamización Lingüística e, nomeadamente, ao pintor Antón Sobral e ao Museo Torres do Concello de Marín a súa colaboración para que toda a comunidade educativa poida experimentar e gozar coas receitas saudables que desde o IES Valle Inclán lles propoñemos.

LAMBE LAMBE DE FROITAS

domingo, 20 de xuño de 2021

Obra de Teatro - Departamento de Alemán

O alumnado de 4 da ESO coñecía xa o léxico relacionado coa comida e alimentación e fixemos unha sesión inicial para que aportasen as súas ideas sobre a nosa participación. Inicialmente íamos facer algo que tivera que ver coa alimentación saudable e posibles diálogos ao respecto: entre amigos nos que un deles non se alimenta ben, amigos que non almorzan, entrevista a unha experta en nutrición…, 

Clasificáronse por grupos: vexetarianos, veganos, os que teñen incorporados todos os grupos de alimentos, os que seguen a dieta do Paleolítico e tiñamos mais grupiños localizados, pero xa non incluiron mais. Como non hai nada que a simple vista os diferenciaría no patio dun colexio alemán, decidiron a súa participación por tribus urbanas. O grupo dos matóns do patio eran veganos, os hippies: comían de todo, os elegantes: seguían a dieta do Paleolítico e os vexetarianos, serían Emos.

O argumento foi a chegada a un instituto berlinés dun periodista da Deutsche Welle, que pretende facer entrevistas basadas nas dietas de cada grupo. Hai un rumor continuo durante a obra de que vai haber unha pelexa. 

A simulación da pelexa case ao final da obra, quedaría conxeada en escea pola irrupción da profesora vendendo xeados ao público do teatro, costumbre moi extendida en Alemania ata fai pouco non nos teatros, pero sí nos cines. Esta aparición suspenderse xa que non se pudo facer con público.

A representación será o derradeiro día do curso, o 22 de xuño de 2021


Link para ver a representación

domingo, 13 de xuño de 2021

PONLLE PILAS AO TEU BOCATA

PONLLE PILAS AO TEU BOCATA

No marco do plan Proxecta o departamento de Educación Física continua promovendo hábitos alimentarios de vida saudable no alumnado.

A última actividade foi "Ponlle pilas ao teu bocata" desenvólvese nos días 17 e 18 de xuño de 2021.




Máis información do Programa "PONLLE PILAS AO TEU BOCATA"

https://ponlleaspilasaoteubocata.xunta.gal/gl