O alumnado de 4 da ESO coñecía xa o léxico relacionado coa comida e alimentación e fixemos unha sesión inicial para que aportasen as súas ideas sobre a nosa participación. Inicialmente íamos facer algo que tivera que ver coa alimentación saudable e posibles diálogos ao respecto: entre amigos nos que un deles non se alimenta ben, amigos que non almorzan, entrevista a unha experta en nutrición…,
Clasificáronse por grupos: vexetarianos, veganos, os que teñen incorporados todos os grupos de alimentos, os que seguen a dieta do Paleolítico e tiñamos mais grupiños localizados, pero xa non incluiron mais. Como non hai nada que a simple vista os diferenciaría no patio dun colexio alemán, decidiron a súa participación por tribus urbanas. O grupo dos matóns do patio eran veganos, os hippies: comían de todo, os elegantes: seguían a dieta do Paleolítico e os vexetarianos, serían Emos.
O argumento foi a chegada a un instituto berlinés dun periodista da Deutsche Welle, que pretende facer entrevistas basadas nas dietas de cada grupo. Hai un rumor continuo durante a obra de que vai haber unha pelexa.
A simulación da pelexa case ao final da obra, quedaría conxeada en escea pola irrupción da profesora vendendo xeados ao público do teatro, costumbre moi extendida en Alemania ata fai pouco non nos teatros, pero sí nos cines. Esta aparición suspenderse xa que non se pudo facer con público.
A representación será o derradeiro día do curso, o 22 de xuño de 2021
Link para ver a representación
Ningún comentario:
Publicar un comentario