venres, 25 de xuño de 2021

Xa están na rúa os receitarios Lambe-lambe de froitas e o Lambe-lambe de produtos mariños

Os exemplares dos receitarios LAMBE-LAMBE xa están na rúa.

Hoxe distribuíronse os 300 exemplares entre o alumnado dos cursos participantes (2º de eSO e algúns alumnos de 3º) e enviáronse a institucións.

A biblioteca do IES tamén reservará uns exemplares para a súa consulta.

Temos que agradecer ao alumnado e profesorado participante, ao equipo de Dinamización Lingüística e, nomeadamente, ao pintor Antón Sobral e ao Museo Torres do Concello de Marín a súa colaboración para que toda a comunidade educativa poida experimentar e gozar coas receitas saudables que desde o IES Valle Inclán lles propoñemos.

LAMBE LAMBE DE FROITAS

domingo, 20 de xuño de 2021

Obra de Teatro - Departamento de Alemán

O alumnado de 4 da ESO coñecía xa o léxico relacionado coa comida e alimentación e fixemos unha sesión inicial para que aportasen as súas ideas sobre a nosa participación. Inicialmente íamos facer algo que tivera que ver coa alimentación saudable e posibles diálogos ao respecto: entre amigos nos que un deles non se alimenta ben, amigos que non almorzan, entrevista a unha experta en nutrición…, 

Clasificáronse por grupos: vexetarianos, veganos, os que teñen incorporados todos os grupos de alimentos, os que seguen a dieta do Paleolítico e tiñamos mais grupiños localizados, pero xa non incluiron mais. Como non hai nada que a simple vista os diferenciaría no patio dun colexio alemán, decidiron a súa participación por tribus urbanas. O grupo dos matóns do patio eran veganos, os hippies: comían de todo, os elegantes: seguían a dieta do Paleolítico e os vexetarianos, serían Emos.

O argumento foi a chegada a un instituto berlinés dun periodista da Deutsche Welle, que pretende facer entrevistas basadas nas dietas de cada grupo. Hai un rumor continuo durante a obra de que vai haber unha pelexa. 

A simulación da pelexa case ao final da obra, quedaría conxeada en escea pola irrupción da profesora vendendo xeados ao público do teatro, costumbre moi extendida en Alemania ata fai pouco non nos teatros, pero sí nos cines. Esta aparición suspenderse xa que non se pudo facer con público.

A representación será o derradeiro día do curso, o 22 de xuño de 2021


Link para ver a representación

domingo, 13 de xuño de 2021

PONLLE PILAS AO TEU BOCATA

PONLLE PILAS AO TEU BOCATA

No marco do plan Proxecta o departamento de Educación Física continua promovendo hábitos alimentarios de vida saudable no alumnado.

A última actividade foi "Ponlle pilas ao teu bocata" desenvólvese nos días 17 e 18 de xuño de 2021.




Máis información do Programa "PONLLE PILAS AO TEU BOCATA"

https://ponlleaspilasaoteubocata.xunta.gal/gl

luns, 31 de maio de 2021

Resultados da enquisa de "Froita Escolar"

 Resultados da enquisa de "Froita Escolar"


Participaron alumnado de todos os níveis


Menos dun 10% fai unha valoración negativa do programa




Un 4,8% non consumiu ningunha das froitas 

 

Despois do programa o 51,5 % dos participantes aumentaron o consumo de froita na súa casa


Menos de un 3 % non come froita


O 43 % dos participantes consume froita a media tarde

domingo, 23 de maio de 2021

ENQUISA SOBRE FROITA ESCOLAR

 

ENQUISA SOBRE FROITA ESCOLAR

Na seguinte enquisa atópanse unha serie de preguntas sobre o reparto da froita escolar

Contestade a todas as preguntas e, ao remate, premede en "ENVIAR".

Os datos serán tratados, analizados e publicados ELIMINANDO PREVIAMENTE os campos "NOME" e "APELIDOS", que so se recaban aos efectos de bonificar ao alumnado que participou na enquisa.

Enquisa de FROITA ESCOLAR

domingo, 9 de maio de 2021

FROITA ESCOLAR 2º Periodo

FROITA ESCOLAR

Ao longo desta semana continua desenvolvendose no marco do plan proxecta e o programa froita escolar, coordinado polo Departamento de Educación Física, a entrega dunha froita distinta cada día ao alumnado no recreo.



Máis información do Programa Froita Escolar:

https://alimentateben.xunta.gal/gl/froita_na_escola/

domingo, 2 de maio de 2021

FROITA ESCOLAR 2º Periodo

 FROITA ESCOLAR

Nesta semana comeza no marco do Plan Proxecta o programa "Froita Escolar", coordinado polo Departamento de Educación Física, coa entrega dunha froita distinta cada día ao alumnado no recreo durante dúas semanas.



Máis información do Programa Froita Escolar:

https://alimentateben.xunta.gal/gl/froita_na_escola/

xoves, 29 de abril de 2021

Análise etiqueta nutricional

 Despois do análise dos resultados en cada curso podemos indicar que no IES Valle Inclán o producto máis consumido e agua


luns, 26 de abril de 2021

Azucre e como se disimula

 

  • sinAzucar.org
    URL

domingo, 25 de abril de 2021

mércores, 31 de marzo de 2021

Etiqueta nutricional, elección

Durante as tres primeiras semanas do mes de abril o alumnado elixirá un alimento que consuma nos recreos e analizar a sua etiqueta nutricional, seguindo as normas que atópanse na Aula Virtual.


Departamento Ed. Física

domingo, 14 de marzo de 2021

FROITA ESCOLAR 1er Periodo

 FROITA ESCOLAR

Ao longo desta semana continua desenvolvendose no marco do plan proxecta e o programa froita escolar, coordinado polo Departamento de Educación Física, a entrega dunha froita distinta cada día ao alumnado no recreo.



Máis información do Programa Froita Escolar:

https://alimentateben.xunta.gal/gl/froita_na_escola/

domingo, 7 de marzo de 2021

FROITA ESCOLAR 1er Periodo

  FROITA ESCOLAR

Nesta semana comeza no marco do Plan Proxecta o programa "Froita Escolar", coordinado polo Departamento de Educación Física, coa entrega dunha froita distinta cada día ao alumnado no recreo durante dúas semanas.



Máis información do Programa Froita Escolar:

https://alimentateben.xunta.gal/gl/froita_na_escola/