domingo, 7 de abril de 2019

XERMOLÓN 2019

O Proxecto Xermolón trata de que o alumnado e a comunidade educativa adquiran unha conciencia informada e crítica ao respecto dos produtos procesados que adoitan consumir no seu tempo de lecer.

Unha das estratexias consiste en que aprendan a ler as etiquetas nutricionais dos produtos e a comparalas coas referencias que distintas organizacións e entidades -entre as que está a Organización Mundial da Saúde (OMS)- aportan para que a nosa alimentación sexa máis equilibrada e san, identificando os nutrientes valiosos e aqueles cos que deben establecer liñas vermellas.

O primeiro paso deste proxecto consiste en escoller un produto procesado que o/a estudante seleccione un produto que queira analizar entre os que adoita consumir, ben sexa por mercalo no seu tempo de lecer ou porque o atopa na casa.

Tras ler a etiqueta nutricional (etiquetaxe nutricional) e a composición (ingredientes), hai que contestar ao cuestionario seguinte e envialo para que os datos aportados por cada un de vós queden rexistrados nunha base de datos nutricional do Valle Inclán.

CUESTIONARIO XERMOLÓN 

O último paso do traballo consiste en facer unha interpretación dos datos vendo cales son positivos e cales menos adecuados e por que (para iso hai que consultar as recomendacións nutricionais da OMS).

Remataremos o noso traballo facendo unha suxestión para mellorar o produto ou cambialo por outro igual de doado de atopar e comer pero con maior ou mellor valor nutricional. Esa información podemos trasladarlla a toda a comunidade educativa (alumnado, profesorado, traballadores e pais/nais ou familiares) aportando un traballo que se colgará neste blogue.

Entre todos seguro que melloraremos a nosa saúde dun xeito significativo. Ánimo!

Ningún comentario:

Publicar un comentario