venres, 26 de abril de 2019

ENQUISA SOBRE O SABOR DA AVENTURA. LONXA E PRAZA DE PORTONOVO

Con esta enquisa queremos ter unha valoración vosa sobre a actividade "O sabor da aventura está no mar" que fixemos o pasado mes na lonxa, o peirao e a praza de abastos de Portonovo. Cubríndoa axudarasnos a valorar a actividade e a mellorala no que se poida.
Preme no enlace para cubrir a túa enquisa. Tes que contestar a cada pregunta antes de enviar. Non esquezas premer ENVIAR antes de saír do cuestionario!
ENQUISA

domingo, 7 de abril de 2019

O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR

Este xoves e venres, 14 e 15 de marzo, o alumnado de 1º de ESO viaxou ata Portonovo para ver na lonxa, no peirao e na praza como se recolle, subasta e vende o peixe e outros produtos mariños; que tipo de aparellos se empregan e como funciona unha praza.
O persoal da consellería organizounos unha subasta e as peixeiras ensináronnos a diferenciar entre o rape e a xuliana, entre o ollomol e os panchos ou entre as zamburiñas e as volandeiras.
Para rematar, servíronnos unha merenda elaborada con produtos mariños que degustamos antes de volver ao IES.







XERMOLÓN 2019

O Proxecto Xermolón trata de que o alumnado e a comunidade educativa adquiran unha conciencia informada e crítica ao respecto dos produtos procesados que adoitan consumir no seu tempo de lecer.

Unha das estratexias consiste en que aprendan a ler as etiquetas nutricionais dos produtos e a comparalas coas referencias que distintas organizacións e entidades -entre as que está a Organización Mundial da Saúde (OMS)- aportan para que a nosa alimentación sexa máis equilibrada e san, identificando os nutrientes valiosos e aqueles cos que deben establecer liñas vermellas.

O primeiro paso deste proxecto consiste en escoller un produto procesado que o/a estudante seleccione un produto que queira analizar entre os que adoita consumir, ben sexa por mercalo no seu tempo de lecer ou porque o atopa na casa.

Tras ler a etiqueta nutricional (etiquetaxe nutricional) e a composición (ingredientes), hai que contestar ao cuestionario seguinte e envialo para que os datos aportados por cada un de vós queden rexistrados nunha base de datos nutricional do Valle Inclán.

CUESTIONARIO XERMOLÓN 

O último paso do traballo consiste en facer unha interpretación dos datos vendo cales son positivos e cales menos adecuados e por que (para iso hai que consultar as recomendacións nutricionais da OMS).

Remataremos o noso traballo facendo unha suxestión para mellorar o produto ou cambialo por outro igual de doado de atopar e comer pero con maior ou mellor valor nutricional. Esa información podemos trasladarlla a toda a comunidade educativa (alumnado, profesorado, traballadores e pais/nais ou familiares) aportando un traballo que se colgará neste blogue.

Entre todos seguro que melloraremos a nosa saúde dun xeito significativo. Ánimo!

sábado, 6 de abril de 2019

3ª semá da froita


A vindeira semá, do 8 ao 12 de abril, iniciaremos unha nova semá da froita na que poderedes degustar peros de inverno, plátanos, mandarinas, amorodos e arandos.
Desta vez cambiamos as mazás e os kiwis polos peros e os arandos para ampliar a nosa oferta e porque aquelas froitas foran as menos valoradas polo alumnado na última enquisa de satisfacción.

Lembrade solicitarlles aos vosos delegados/as que baixen cinco minutos antes do recreo para recoller as vosas encargas.

Bo e saudable proveito!






Imos ver que opinan os nosos veciños de Portugal e Brasil sobre estas froitas:

Os arandos são bagas que contêm muito poucos açúcares e são ricos em antioxidantes e flavonóides. Entre algumas das propriedades destacam-se as seguintes:
Adstringente e antidiarreico. Os arandos são frutos frutos silvestres ricos em componentes que ajudam a parar o crescimento de bactérias, e tratar doenças do aparelho digestivo, problemas de estômago, cólicas, diarreia, indigestão, inflamações intestinais e a gastroenterite.
Propriedades Tônicas e gastroprotetoras, que ajudam a facilitar a digestão e a eliminar o inchaço.
Propriedades Antissépticas, que impedem a formação de bactérias nas celulas epiteliais do trato urinário, prevenindo assim a infecção. Também aumenta a acidez na urina uma vez que é uma fruta ácida, evitando assim a multiplicação de agentes infecciosos e a formação de cálculos de fosfato de cálcio, que podem dar origem ao desenvolvimento de cálculos renais (urolitíase), normalmente conhecidos como pedra no rim.


A pera é rica em fibras como a pectina, que ajuda no controle do colesterol, da glicose no sangue, além de fazer o intestino funcionar regularmente. Uma peculiaridade desta fruta é que ela contém boro, um mineral que ajuda nas atividades neuronais, tornando o raciocínio claro. É indicada para pessoas estressadas e com a mente cansada. Quantidade diária ideal: uma unidade. Vitaminas: A e C.