Este xoves e venres, 14 e 15 de marzo, o alumnado de 1º de ESO viaxou ata Portonovo para ver na lonxa, no peirao e na praza como se recolle, subasta e vende o peixe e outros produtos mariños; que tipo de aparellos se empregan e como funciona unha praza.
O persoal da consellería organizounos unha subasta e as peixeiras ensináronnos a diferenciar entre o rape e a xuliana, entre o ollomol e os panchos ou entre as zamburiñas e as volandeiras.
Para rematar, servíronnos unha merenda elaborada con produtos mariños que degustamos antes de volver ao IES.
Ningún comentario:
Publicar un comentario