O almorzo
Cada integrante do grupo terá que escoller alomenos un grupo de alimentos que incluír no voso almorzo saudable. Despois, cada un poderá seleccionar un alimento concreto dentro dese grupo e analizalo en canto ao seu valor nutricional. Xuntando a información nutricional dos 6 grupos de alimentos que debe de haber nun almorzo teredes a información nutricional da vosa proposta de almorzo.
Para facilitarvos a busca de información, nesta entrada podedes atopar un enlace á páxina web da Base de Datos Española de Composición de Alimentos (BEDCA). Premendo no enlace entraredes nun site que permite coñecer a composición dun número importante de alimentos e que se fundamenta en abundantes publicacións científicas e referencias (279).
No apartado "consultas" desta web podes seleccionar distintos grupos de alimentos que deben de formar parte do voso almorzo saudable e escoller un dos alimentos que integran ese grupo. Premendo sobre o alimento verás a súa composición nutricional enteira. Por exemplo, se quero introducir froitas, podo escoller entre máis de cincuenta propostas a que me pareza máis interesante ou me guste máis.
Base de datos de alimentos BEDCA
A información que debedes de recoller de cada alimento é:
- Que parte do alimento é comestible. Este dato aparece en porcentaxe e indícanos canto dun alimento podemos aproveitar realmente.
- Cantidade de auga que contén (isto indícanos que parte do alimento non vai ter ningún valor nutricional porque a auga non ten enerxía, nin vitaminas, nin minerais, etc.).
- Composición nutricional, é dicir, qué porcentaxe de Hidratos de Carbono, de Proteínas e de Graxas ten (Isto serve para saber se é un alimento moi enerxético ou máis ben plástico).
- Enerxía total (ven expresada en Kilojulios e Kilocalorías. Esta última referencia é a que se adoita empregar en nutrición para saber se un alimento é moi ou pouco enerxético).
- Se ten fibra e en qué cantidade.A fibra é importante para un bo tránsito intestinal e para prever algunhas doenzas como o estrinximento.
- Se ten ácidos graxos saturados e cantos ten en total (son graxas cuxo consumo é necesario limitar, polo que é importante saber cantas estamos consumindo).
- Se ten vitaminas e cales. As vitaminas indícannos que este alimento aporta substancias importantes para a nosa saúde.
- Se ten minerais e cales. Algúns minerais son indispensables para nós e axudan a previr ou, mitigar ou curar determinadas doenzas como a anemia, a osteoporose, o bocio, etc.
- A cantidade de sodio que contén (o sodio ten que consumirse de xeito limitado porque pode afectar á nosa saúde e provocar doenzas tan graves como a hipertensión arterial).
Esta recollida de información permitiravos, unha vez que a corrixamos na clase, elaborar un traballo ben feito sobre o almorzo e facer unha proposta viable e saudable de como o faríades. Lembrade recoller toda a información da toma de datos por escrito separando cada grupo de alimentos e indicando os datos que recollíchedes. Esta toma de datos debe de estar lista para o día 22 de maio, cando teredes que entregar o voso traballo de grupo indicando na portada:
- Curso e grupo.
- Nome e apelidos dos integrantes do grupo.
- Título "Almorzo Saudable".
Na primeira folla explicade brevemente por que escollíchedes os alimentos que integran a vosa proposta e en que cantidades os ides incluir.
A continuación so queda reflexar na/s páxina/s seguintes os datos que atopachedes na vosa búsqueda. Na última folla hai que incluír a referencia ás páxinas web, libros ou revistas que consultarades (neste caso con recoller a da BEDCA é suficiente).
Este comentario foi eliminado por un administrador do blog.
ResponderEliminar