Os aditivos alimentarios clasifícanse mediante a numeración E seguida de 3 ou 4 díxitos. Nas etiquetas aparecen do seguinte xeito:
- A letra E aparece no primeiro lugar.
- A continuación aparecen os 3 ou 4 díxitos. O primeiro número indica a categoría á cal pertence o aditivo:
E-1XX: Colorantes
E-2XX: Conservantes
E-3XX: Antioxidantes
E-4XX: Estabilizantes, emulxentes/emulsionantes, espesantes/gelificantes.
E-5XX: Acidulantes, correctores da acidez, antiaglomerantes
E-6XX: Potenciadores do sabor
E-9XX: Edulcorantes, varios
E-2XX: Conservantes
E-3XX: Antioxidantes
E-4XX: Estabilizantes, emulxentes/emulsionantes, espesantes/gelificantes.
E-5XX: Acidulantes, correctores da acidez, antiaglomerantes
E-6XX: Potenciadores do sabor
E-9XX: Edulcorantes, varios
O segundo díxito fai referencia á familia dos aditivos (no caso dos colorantes indica a cor e no dos antioxidantes o grupo químico ao que pertencen). O resto dos díxitos serven para identificar cada substancia.
Despois de localizalos, revisade as súas características premendo no enlace que hai embaixo. Buscade os que están presentes nos vosos produtos e comprobade as súas características (para que se empregan, en que alimentos adoitan atoparse, que efectos teñen, etc):
ADITIVOS, CONSERVANTES E COLORANTESRevisade na web da Axencia Española de Seguridade Alimentaria e lede o decálogo "12 decisións saudables". Serviranvos para ter en conta á hora de completar o traballo.
12 DECISIÓNS SAUDABLES
Finalmente, revisade a web da Organización Mundial da Saúde para atopar información sobre LÍMITES ao consumo de azucre, sal e graxas (de distintos tipos: totales, saturadas e hidroxenadas) e RECOMENDACIÓNS ao respecto do consumo diario de froitas e verduras e de fibra.
RECOMENDACIÓNS XERAIS DA OMS
RECOMENDACIÓNS ESPECÍFICAS PARA UNHA ALIMENTACIÓN SANA
Agora xa podedes redactar o voso traballo. Os apartados que debe de conter OBRIGATORIAMENTE son:
1.- Portada na que constarán o título, o nome e apelidos dos autores e o curso e grupo.
2.- Índice do traballo coas páxinas nas que atopar cada apartado.
3.- Introducción, na que podedes explicar conceptos (alimentación, nutrición, balance calórico, etc.), explicar a importancia de ter unha alimentación saudable e un estilo de vida san e as repercusións que pode ter tanto esto como o contrario na saúde.
4.- A selección de produtos realizada explicando por que elíxichedes os produtos que ides analizar no traballo.
5.- Os datos máis importantes do análise nutricional (os das etiquetas nutricionais e os que vos chamen a atención do listado de ingredientes). SO INDICAR OS DATOS, NON EXPLICAR NIN ANALIZAR.
6.- Analise dos datos, facendo referencia ás recomendacións da OMS para comprobar se o produto seleccionado ten carencias ou características boas ou malas (pensade que é un produto para tomar no tempo de lecer, que non debería de superar o 10-15% do aporte calórico, xa que as comidas diarias teñen que aportarnos a meirande parte dos nutrientes, polo que tampouco deben superar esas porcentaxes respecto da cantidade diaria límite de sal, azúcar, graxas ou graxas saturadas. Comprobade tamén se aportan minerais, vitaminas e fibra en relación co seu aporte calórico ou se teñen ou publicitan algunha outra "vantaxe nutricional").
7.- Aportade CONCLUSIÓNS sobre a calidade do produto en relación cunha dieta saudable. A análise dos datos é un apartado amplo, pero as conclusións deben ser concretas e concisas.
8.- PROPOSTAS: propoñede un produto alternativo que CORRIXA as carencias que detectachedes (ben sexa exceso de sal, exceso de azucre, falta de fibra, presenza de moitas graxas saturadas, escaseza de vitaminas e minerais...). Na páxina web da Base de Datos Española de Composición de Alimentos podedes atopar información nutricional sobre distintos grupos de alimentos para comprobar a súa composición nutricional e escoller aquel que mellor corrixa as carencias nutricionais que atopachedes na vosa análise. Lembrade que o que escollades debe ser fácil de atopar e comer no tempo de lecer:
BASE DE DATOS SOBRE COMPOSICIÓN DE ALIMENTOS
9.- Recollede as referencias bibliográficas ou webgráficas das que sacáchedes a información e as imaxes que aportades. Lembrade que GOOGLE non é unha referencia, senón un motor de busca de información que vos leva a distintas páxinas (esas son as que tedes que recoller).
LEMBRADE QUE APORTAR IMAXES E GRÁFICOS ENRIQUECERÁ VISUALMENTE O VOSO TRABALLO.
Este comentario foi eliminado polo autor.
ResponderEliminar