Ola rapaces e rapazas,
Entrade no blogue https://vallehealthyfood.blogspot.com/ e buscade as actividades para 2º de ESO, concretamente a que fala do proxecto "Ponlle as Pilas ao teu Bocata".
Lede a información, facede as actividades e preparade as vosas propostas para o concurso de bocatas. O prazo modificouse: podedes enviar as vosas propostas de bocatas ata o 30 de abril.
Facede canto antes as vosas propostas, presentádeas nunha ÚNICA diapositiva de powerpoint ou un programa similar: no lado esquerdo da diapositiva hai que poñer os ingredientes e a elaboración. No lado dereito unha foto do bocata que fixechedes nas que saia unha foto do voso corpo para saber que o fixechedes vos. Despois, enviádeo a merce.iespf@gmail.com
Ánimo, que haberá premio para os tres primeiros clasificados e entre tod@s faremos un recetario para publicalo no blogue.
Saúdos agarimosos e unha aperta a tod@s
Ningún comentario:
Publicar un comentario