venres, 18 de decembro de 2020

ENQUISA SOBRE HÁBITOS DE ACTIVIDADE FÍSICA

 Premendo no seguinte enlace poderás atopar a enquisa de actividade física. Cubríndoa obterás a túa bonificación e contribuirás a que poidamos ter unha imaxe máis axustada da actividade física que practica o noso alumnado. Grazas!

ENQUISA SOBRE HÁBITOS DE ALIMENTACIÓN

 Na seguinte enquisa tedes unha serie de preguntas sobre os vosos hábitos de alimentación que vos permitirán valorar o grao de adherencia á dieta mediterránea (dieta recoñecida como saludable pola comunidade científica).

Contestade a todas as preguntas e, ao remate, premede en "ENVIAR".

Os datos serán tratados, analizados e publicados ELIMINANDO PREVIAMENTE os campos "NOME" e "APELIDOS", que so se recaban aos efectos de bonificar ao alumnado que participou na enquisa.

Así, entre todos/as podemos contribuir a investigar a realidade do noso alumnado en relación coa alimentación e axudar a mellorar os nosos hábitos. Preme no link en verde e enche a túa enquisa.

Enquisa de alimentación 2020

domingo, 6 de decembro de 2020

Rexistro Inxesta

Na aplicación "Myfitnesspal" (versión web ou aplicativo para o móbil) rexistrarase a inxesta diaria de comida e bebida, durante os seguisteis periodos:

  • A partir do luns 2 de outubro e ata o día 17 de outubro (15 días)
  • A partir do luns 23 de decembro ata o día 7 de xaneiro (15 días)



Máis información: https://www.myfitnesspal.com/es/food/search

domingo, 17 de maio de 2020

RESULTADOS DOS CONCURSOS DO PLAN PROXECTA

Despois das deliveracións do xurado do plan Proxecta, aquí tedes o seu veredito.

Parabéns a tod@s @s participantes polo seu bo facer e por aportarnos as súas receitas. 

Tamén aos primeiros clasificados. 
Agora podemos poñer as receitas todas en práctica. 
Lembrade que tedes o recetario no blogue para ver como preparar estes platos.




Estade alertam, porque a partir do 1 de xuño publicarase o lugar e hora de entrega dos agasallos para os mellores clasificados dos concursos.


Concurso de receitas con froitas (3 primeiras clasificadas):
  1. Paula Fariña
  2. María Fernández
  3. María Lorenzo
Concurso de receitas con peixes e mariscos (5 primeiros clasificados):
  1. Hugo Sánchez
  2. María Fernández  (*)
  3. María Lorenzo (*)
  4. Claudia Pérez
  5. Candela García
  6. Rosalía Justo (reserva)
  7. Candela Gómez (reserva)
Concurso de bocatas (3 primeiros clasificados):
  1. María Pardo 
  2. Víctor Rey
  3. Cecilia Rodríguez
TOD@S ATENT@S!
LEMBRADE, HABERÁ NOVAS O 1 DE XUÑO!

xoves, 7 de maio de 2020

RECETARIO "O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR"

Xa temos  un recetario para cociñar produtos do mar deliciosos e moi saudables.
Parabéns e grazas a todo o alumnado participante por achegarnos as súas receitas.
E atent@s á resolución do concurso!


RECETARIO "PONLLE AS PILAS AO TEU BOCATA"

Podedes ver as receitas de bocatas saudables elaboradas polo alumnado do IES Valle Inclán dentro do programa "Ponlle as pilas ao teu bocata" do Plan Proxecta Aliménta-T Ben.
Parabéns e grazas a tod@s @s participantes.
Agora a esperar os resultados do concurso!

mércores, 6 de maio de 2020

RECETARIO "AFROITATE NO VALLE"

Preséntovos o recetario elaborado polos vosos compañeiros e compañeiras para promover o consumo de froita entre a comunidade educativa do Valle Inclán.
Botádelle un vistazo e escollede a vosa receita preferida. Ánimo e afroitarse! Que delicia!

martes, 5 de maio de 2020

RESULTADOS DO CONCURSO DE RECEITAS CON FROITAS

Estimado alumnado. O xurado do concurso de receitas acaba de remitir o seu veredito. 
En videiros días publicaremos unha revista dixital que recolle todas as receitas recibidas no blogue http://vallehealthyfood.blogspot.com/ para compartilas e que toda a comunidade educativa poida facelas e desfrutalas. 
Todas as receitas resultaron gorenteiras, pero había que escoller e as gañadoras son as seguintes:

    1. Sopa fría de sandía con lambetadas de melón, por Paula Fariña.
    2. Pavo real de froitas, por María Fernández
    3. Cubo Rubik de froitas con xeado de limón, por María Lorenzo
    4. Animalada de froitas, por Hugo Sánchez
    5. Falsa torta de froitas, por Mencía Rioboo
    6. Torta de avea, por Águeda Silva
    7. Volováns de froita, por Candela García
    8. Mousse de manga, por María Pardo
    9. Sorbete de froita variada, por Carla Rosales
    10. Torta fría de mazá, por Rodrigo Heredia
  1. Accesit á calidade da lingua empregada na receita: Torta de Iogur con froitas, por Rosalía Justo e Mousse de Manga

Grazas a todos/as os/as participantes e ás familias polo seu asesoramento e apoio. 
Unha aperta grande!

domingo, 26 de abril de 2020

ALIMENTARSE OU ALIMENTIRSE? SABES O QUE COMES



Algunhas compañeiras vannos axudar analizando as etiquetas nutricionais e os ingredientes de produtos que adoitamos consumir no noso tempo de lecer. Mira a presentación premendo no enlace e podes levar unha sorpresa. Aliméntaste ou estaste alimentindo? Compróbao aquí:

SABES O QUE COMES?

venres, 10 de abril de 2020

PONLLE AS PILAS AO TEU BOCATA para 2º de ESO e Bacharelato



Un bocata de conservas do mar leva dentro toda a enerxía que necesitas para alcanzar todas as túas metas. 
As conservas do mar son ricas en proteínas, moi importantes para crecer. Levan vitamina B12 que é fundamental.
No enlace que hai embaixo podes atopar receitas de bocatas moi saudables e nutritivos. Atréveste a presentar a túa propia creación? 
Se queres aportar a túa propia creación e participar nun concurso para 2º de ESO, escrebe a receita nun arquivo de presentación (powerpoint ou similar). Engádelle á diapositiva unha foto do bocata na que se vexa unha parte do teu corpo (non tes que aparecer de corpo enteiro, so é para saber que non é unha foto de internet). 
Envía a diapositiva (todo ten que caber nunha soa diapositiva) a merce.iespf@gmail.com antes do venres 17 de abril. Faremos un recetario entre todos/as e as tres mellores creacións terán un detalle cando volvamos vernos. 
Aquí vos deixo un exemplo de como presentar a diapositiva:

Ánimo e adiante a toda con eses bocatas!

O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR (1º de ESO)


Ola rapaces e rapazas!
Preséntovos aos protagonistas do programa "O Sabor da Aventura está no Mar". Premede neste link e verédelos. Tamén poderedes ver as súas características e cualidades. Adiante a toda!

O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR

Premendo no enlace que tedes a continuación poderedes acceder aos xogo-test do programa "O Sabor da Aventura está no Mar".
A ver cantas preguntas acertades! Primeiro escollede o peixe/marisco sobre o que queredes facer o test. Premede sobre a figura e ide contestando as preguntas. Ao remate diravos cantas acertachedes. Podedes facer o test todas as veces que queirades ata acertalas todas!

XOGO O SABOR DA AVENTURA

E, se vos atrevedes, no seguinte enlace atoparedes receitas moi sabedoras feitas con produtos mariños? Probades a facer algunha? Podedes ir preparando as vosas propias receitas porque

ACABA DE EMPEZAR O CONCURSO! 

LEMBRADE:
PRAZO DE ENTREGA ATA O 30 DE ABRIL AO E-MAIL merce.iespf@gmail.com
NUNHA SOA DIAPOSITIVA DE POWERPOINT OU SIMILAR CUNHA FOTO NA QUE SAIA UNHA PARTE DO VOSO CORPO

A PROFE DE GALEGO DARÁ PREMIO POLA ESCRITA, ASÍ QUE...BOA ORTOGRAFÍA!

EXEMPLOS DE RECEITAS CON PRODUTOS MARIÑOS

martes, 7 de abril de 2020

CONCURSO DE RECEITAS CON PRODUTOS DO MAR

Ola rapaces!
Xa estou de novo aquí.

Despois do éxito do concurso de receitas con froita a profe de galego Rocío está a corrixir uns pequenos erros para que poidamos editar unha revista virtual coas vosas receitas. Pronto estará lista para que poidades consultalas no blogue vallehealthyfood e probar as que propuxeron os vosos compañeiros e compañeiras. Ai, que nervios!

Agora empezamos un concurso de receitas con outros produtos que son moi saudables e cuxo consumo frecuente recomendan a OMS e outros organismos internacionais, estatais e autonómicos: o peixe e o marisco.
Entrade en https://vallehealthyfood.blogspot.com/2020/04/o-sabor-da-aventura-esta-no-mar-1-de-eso.html, lede os distintos apartados e facede as actividades, entre as que tamén hai unha proposta de receitas con produtos mariños. 

Agora xa estaredes listos para presentar a vosa proposta. Tedes ata o 30 de abril para elaborar, fotografiar (lembrade, sempre con unha parte do voso corpo na foto) e enviar a vosa receita ao e-mail merce.iespf@gmail.com
Lembrade que vosa preparación debe de ser atractiva, sostible (con peixe de tempada e, mellor se é barato) e ademáis saudable (se inclúe verduras, produtos da horta ou legumes, mellor).

Os criterios de puntuación das receitas serán:
Ata 2,5 puntos pola orixinalidade e sostibilidade
Ata 2,5 puntos pola dificultade de elaboración
Ata 2,5 puntos pola presentación do plato
Ata 2,5 puntos pola presentación do traballo e a corrección lingüística.

Ánimo, saúde e océano para tod@s!

luns, 6 de abril de 2020

CONCURSO DE BOCATAS CON PRODUTOS DO MAR, DA TERRA E CONSERVAS

Ola rapaces e rapazas,
Entrade no blogue https://vallehealthyfood.blogspot.com/ e buscade as actividades para 2º de ESO, concretamente a que fala do proxecto "Ponlle as Pilas ao teu Bocata".
Lede a información, facede as actividades e preparade as vosas propostas para o concurso de bocatas. O prazo modificouse: podedes enviar as vosas propostas de bocatas ata o 30 de abril.
Facede canto antes as vosas propostas, presentádeas nunha ÚNICA diapositiva de powerpoint ou un programa similar: no lado esquerdo da diapositiva hai que poñer os ingredientes e a elaboración. No lado dereito unha foto do bocata que fixechedes nas que saia unha foto do voso corpo para saber que o fixechedes vos. Despois, enviádeo a merce.iespf@gmail.com
Ánimo, que haberá premio para os tres primeiros clasificados e entre tod@s faremos un recetario para publicalo no blogue.
Saúdos agarimosos e unha aperta a tod@s 

domingo, 5 de abril de 2020

PRODUTOS DO MAR, SAUDE A FARTAR!

Ola rapaces,
Entrade no blogue https://vallehealthyfood.blogspot.com/ e buscade as actividades para 1º de ESO e para 2º de ESO.
Lede a información que hai nos enlaces, facede as actividades e preparade as vosas participacións nos concursos de bocatas (xa está activo) e de receitas con produtos mariños (abrirase proximamente). 


Ánimo e a desfrutar dos produtos do mar!

domingo, 22 de marzo de 2020

FROITAS: FRESCAS, NUTRITIVAS E DELICIOSAS!

Premendo no enlace poderás ver o traballo que algunhas compañeiras fixeron para presentarnos os beneficios das froitas. Atréveste a facer ti o teu? Que nos propós?

FROITAS, 
QUE DELICIA!

luns, 16 de marzo de 2020

TRABALLO SOBRE FROITAS PARA 2º DE ESO

Premendo no enlace poderás acceder ao blogue VALLE INCLÁN HEALTHY LIFE PROJECT no que tes as instruccións para facer o teu SEGUNDO traballo da avaliación.
A data de entrega do traballo é o 3 DE ABRIL DE 2020.
Para entregar o traballo deberedes de remitilo ao mail merce.iespf@gmail.com indicando un e-mail ao que vos poida remitir correccións e, no apartado ASUNTO, o voso curso e grupo. Non esquezades indicar os integrantes do grupo de traballo no texto do mail.
Non esquezades cumplimentar todos os apartados do traballo. Cada un dos 5 apartados supón 2 puntos se está correcto, de xeito que a nota final pode acadar o 10.
Deberá de entregarse en arquivo de presentación de diapositivas (POWERPOINT ou similar) ou en procesador de texto (WORD ou similar). Non o entreguedes en PDF porque así non poderei facer correccións.  Os 4 traballos máis destacados, ademais de ter mellor nota, converteranse en revistas virtuais no blogue  para que a comunidade educativa os poida ler. Así, entre todos, contribuimos a mellorar a súa alimentación. 

mércores, 8 de xaneiro de 2020

ENQUISA SOBRE ACTIVIDADE FÍSICA

Preme no enlace que atoparás embaixo deste texto e constesta ás preguntas sobre actividades físicas que practicas.
Grazas por colaborar co grupo Valle Inclán Heathy Life Project!

ENQUISA SOBRE HABITOS ALIMENTICIOS


Preme no enlace para abrir a enquisa de hábitos alimenticios. Contesta a cada pregunta e preme en "ENVIAR".
O grupo Valle Inclán Healthy Life Project agradece a túa colaboración!