Na semana do 18 ao 22 de janeiro se analizarán os registros da inxesta realizada no mes de dezembro e no nadal
domingo, 10 de xaneiro de 2021
venres, 18 de decembro de 2020
ENQUISA SOBRE HÁBITOS DE ACTIVIDADE FÍSICA
Premendo no seguinte enlace poderás atopar a enquisa de actividade física. Cubríndoa obterás a túa bonificación e contribuirás a que poidamos ter unha imaxe máis axustada da actividade física que practica o noso alumnado. Grazas!
ENQUISA SOBRE HÁBITOS DE ALIMENTACIÓN
Na seguinte enquisa tedes unha serie de preguntas sobre os vosos hábitos de alimentación que vos permitirán valorar o grao de adherencia á dieta mediterránea (dieta recoñecida como saludable pola comunidade científica).
Contestade a todas as preguntas e, ao remate, premede en "ENVIAR".
Os datos serán tratados, analizados e publicados ELIMINANDO PREVIAMENTE os campos "NOME" e "APELIDOS", que so se recaban aos efectos de bonificar ao alumnado que participou na enquisa.
Así, entre todos/as podemos contribuir a investigar a realidade do noso alumnado en relación coa alimentación e axudar a mellorar os nosos hábitos. Preme no link en verde e enche a túa enquisa.
domingo, 6 de decembro de 2020
Rexistro Inxesta
Na aplicación "Myfitnesspal" (versión web ou aplicativo para o móbil) rexistrarase a inxesta diaria de comida e bebida, durante os seguisteis periodos:
- A partir do luns 2 de outubro e ata o día 17 de outubro (15 días)
- A partir do luns 23 de decembro ata o día 7 de xaneiro (15 días)
domingo, 17 de maio de 2020
RESULTADOS DOS CONCURSOS DO PLAN PROXECTA
Estade alertam, porque a partir do 1 de xuño publicarase o lugar e hora de entrega dos agasallos para os mellores clasificados dos concursos.
- Paula Fariña
- María Fernández
- María Lorenzo
- Hugo Sánchez
- María Fernández (*)
- María Lorenzo (*)
- Claudia Pérez
- Candela García
- Rosalía Justo (reserva)
- Candela Gómez (reserva)
- María Pardo
- Víctor Rey
- Cecilia Rodríguez
xoves, 7 de maio de 2020
RECETARIO "O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR"
E atent@s á resolución do concurso!
RECETARIO "PONLLE AS PILAS AO TEU BOCATA"
mércores, 6 de maio de 2020
RECETARIO "AFROITATE NO VALLE"
Botádelle un vistazo e escollede a vosa receita preferida. Ánimo e afroitarse! Que delicia!
martes, 5 de maio de 2020
RESULTADOS DO CONCURSO DE RECEITAS CON FROITAS
En videiros días publicaremos unha revista dixital que recolle todas as receitas recibidas no blogue http://vallehealthyfood.blogspot.com/ para compartilas e que toda a comunidade educativa poida facelas e desfrutalas.
Todas as receitas resultaron gorenteiras, pero había que escoller e as gañadoras son as seguintes:
- Sopa fría de sandía con lambetadas de melón, por Paula Fariña.
- Pavo real de froitas, por María Fernández
- Cubo Rubik de froitas con xeado de limón, por María Lorenzo
- Animalada de froitas, por Hugo Sánchez
- Falsa torta de froitas, por Mencía Rioboo
- Torta de avea, por Águeda Silva
- Volováns de froita, por Candela García
- Mousse de manga, por María Pardo
- Sorbete de froita variada, por Carla Rosales
- Torta fría de mazá, por Rodrigo Heredia
- Accesit á calidade da lingua empregada na receita: Torta de Iogur con froitas, por Rosalía Justo e Mousse de Manga
Grazas a todos/as os/as participantes e ás familias polo seu asesoramento e apoio.
Unha aperta grande!
domingo, 26 de abril de 2020
ALIMENTARSE OU ALIMENTIRSE? SABES O QUE COMES

Algunhas compañeiras vannos axudar analizando as etiquetas nutricionais e os ingredientes de produtos que adoitamos consumir no noso tempo de lecer. Mira a presentación premendo no enlace e podes levar unha sorpresa. Aliméntaste ou estaste alimentindo? Compróbao aquí:
SABES O QUE COMES?
venres, 10 de abril de 2020
PONLLE AS PILAS AO TEU BOCATA para 2º de ESO e Bacharelato
O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR (1º de ESO)
Ola rapaces e rapazas!
Preséntovos aos protagonistas do programa "O Sabor da Aventura está no Mar". Premede neste link e verédelos. Tamén poderedes ver as súas características e cualidades. Adiante a toda!
O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR
Premendo no enlace que tedes a continuación poderedes acceder aos xogo-test do programa "O Sabor da Aventura está no Mar".
A ver cantas preguntas acertades! Primeiro escollede o peixe/marisco sobre o que queredes facer o test. Premede sobre a figura e ide contestando as preguntas. Ao remate diravos cantas acertachedes. Podedes facer o test todas as veces que queirades ata acertalas todas!
XOGO O SABOR DA AVENTURA
E, se vos atrevedes, no seguinte enlace atoparedes receitas moi sabedoras feitas con produtos mariños? Probades a facer algunha? Podedes ir preparando as vosas propias receitas porque
ACABA DE EMPEZAR O CONCURSO!
LEMBRADE:
PRAZO DE ENTREGA ATA O 30 DE ABRIL AO E-MAIL merce.iespf@gmail.com
NUNHA SOA DIAPOSITIVA DE POWERPOINT OU SIMILAR CUNHA FOTO NA QUE SAIA UNHA PARTE DO VOSO CORPO
A PROFE DE GALEGO DARÁ PREMIO POLA ESCRITA, ASÍ QUE...BOA ORTOGRAFÍA!
EXEMPLOS DE RECEITAS CON PRODUTOS MARIÑOS
martes, 7 de abril de 2020
CONCURSO DE RECEITAS CON PRODUTOS DO MAR
Xa estou de novo aquí.
Agora empezamos un concurso de receitas con outros produtos que son moi saudables e cuxo consumo frecuente recomendan a OMS e outros organismos internacionais, estatais e autonómicos: o peixe e o marisco.
Entrade en https://vallehealthyfood.blogspot.com/2020/04/o-sabor-da-aventura-esta-no-mar-1-de-eso.html, lede os distintos apartados e facede as actividades, entre as que tamén hai unha proposta de receitas con produtos mariños.
Agora xa estaredes listos para presentar a vosa proposta. Tedes ata o 30 de abril para elaborar, fotografiar (lembrade, sempre con unha parte do voso corpo na foto) e enviar a vosa receita ao e-mail merce.iespf@gmail.com
Lembrade que vosa preparación debe de ser atractiva, sostible (con peixe de tempada e, mellor se é barato) e ademáis saudable (se inclúe verduras, produtos da horta ou legumes, mellor).
Os criterios de puntuación das receitas serán:
Ata 2,5 puntos pola orixinalidade e sostibilidade
Ata 2,5 puntos pola dificultade de elaboración
Ata 2,5 puntos pola presentación do plato
Ata 2,5 puntos pola presentación do traballo e a corrección lingüística.
Ánimo, saúde e océano para tod@s!





