domingo, 22 de marzo de 2020

FROITAS: FRESCAS, NUTRITIVAS E DELICIOSAS!

Premendo no enlace poderás ver o traballo que algunhas compañeiras fixeron para presentarnos os beneficios das froitas. Atréveste a facer ti o teu? Que nos propós?

FROITAS, 
QUE DELICIA!

luns, 16 de marzo de 2020

TRABALLO SOBRE FROITAS PARA 2º DE ESO

Premendo no enlace poderás acceder ao blogue VALLE INCLÁN HEALTHY LIFE PROJECT no que tes as instruccións para facer o teu SEGUNDO traballo da avaliación.
A data de entrega do traballo é o 3 DE ABRIL DE 2020.
Para entregar o traballo deberedes de remitilo ao mail merce.iespf@gmail.com indicando un e-mail ao que vos poida remitir correccións e, no apartado ASUNTO, o voso curso e grupo. Non esquezades indicar os integrantes do grupo de traballo no texto do mail.
Non esquezades cumplimentar todos os apartados do traballo. Cada un dos 5 apartados supón 2 puntos se está correcto, de xeito que a nota final pode acadar o 10.
Deberá de entregarse en arquivo de presentación de diapositivas (POWERPOINT ou similar) ou en procesador de texto (WORD ou similar). Non o entreguedes en PDF porque así non poderei facer correccións.  Os 4 traballos máis destacados, ademais de ter mellor nota, converteranse en revistas virtuais no blogue  para que a comunidade educativa os poida ler. Así, entre todos, contribuimos a mellorar a súa alimentación. 

mércores, 8 de xaneiro de 2020

ENQUISA SOBRE ACTIVIDADE FÍSICA

Preme no enlace que atoparás embaixo deste texto e constesta ás preguntas sobre actividades físicas que practicas.
Grazas por colaborar co grupo Valle Inclán Heathy Life Project!

ENQUISA SOBRE HABITOS ALIMENTICIOS


Preme no enlace para abrir a enquisa de hábitos alimenticios. Contesta a cada pregunta e preme en "ENVIAR".
O grupo Valle Inclán Healthy Life Project agradece a túa colaboración!

mércores, 3 de xullo de 2019

RESULTADOS DA ENQUISA DE HÁBITOS DE ALIMENTACIÓN 2019

Despois de ter pasado a enquisa ao noso alumnado e co apoio  e dirección da profesora Edelmira, de TICs, o alumnado de 4º de ESO ben de elaborar uns gráficos moi ilustrativos sobre as características dos hábitos nutricionais do noso alumnado. Abrindo o enlace poderás comprobar as fortalezas e debilidades da nosa alimentación e contrastalas coas recomendacións da Organización Mundial para a Saúde para poder mellorala. bota un vistazo!

GRÁFICOS DA ENQUISA NUTRICIONAL

mércores, 26 de xuño de 2019

BENEFICIOS DA FROITAS

Neste enlace podes atopar unha presentación elaborada polo alumnado na que se recollen as características e beneficios dalgunhas das froitas que consumimos durante este curso. Como podes ver na segunda diapositiva, en función da cor xa podes intuir os beneficios que te aportará comer unha froita ou hortaliza. Preme no enlace e descubrirás moitas cousas máis que descoñecías!

BENEFICIOS DAS FROITAS

luns, 17 de xuño de 2019

ENQUISA ACTIVIDADE DO 20 DE XUÑO

Por favor, axúdanos a mellorar!
Preme no enlace e contesta ao formulario sobre a actividade desenvolvida o día 20 na biblioteca do IES. Lembra contestar a todas as preguntas obrigatorias antes de enviar a información. Grazas.

ENQUISA O SABOR DA AVENTURA ESTA NO MAR XUÑO 2019

luns, 3 de xuño de 2019

A FROITA. TRABALLO DE 2º DE ESO

Paso 1: facede grupos de 5 persoas. Recoméndovos que sexan as mesmas que fixeron o traballo sobre análise dos produtos que consumides no tempo de lecer!
Paso 2: escollede unha froita cada un
Paso 3: buscade información sobre a vosa froita: tempada en que se pode atopar, lugares nos que se produce, se ten distintas variedades, se require algún tipo de preparación, cal é o seu precio aproximado en tempada, etc.
Paso 4: buscade na base de datos española sobre composición de alimentos (BEDCA) os nutrientes que contén a vosa froita e tratade de ver cales son máis relevantes (pola cantidade que contén en relación coas necesidades diarias ou pola importancia que teñen para a nosa saúde). Esta base de datos está no link BEDCA. Alí premendo no botón "CONSULTA" que hai na parte superior dereita da ventana podedes seleccionar o tipo de alimentos que queredes consultar (froitas e derivados) e abrirase unha ventana que ten información detallada sobre moitísimas froitas. So hai que premer enriba do nome. A información é moi éxtensa, polo que vos recomendo que vos limitedes a consultar a seguinte: información nutricional (valor calórico, nutrientes, vitaminas  e minerales) escollendo o valor e a unidade (non é o mesmo que teña 10 gramos que que teña 10 mg ou 10 ug). O apartado "fuente" so vos di de que estudio se obtivo a información e non é preciso recollelo. A continuación póñovos un exemplo das táboas que poderedes ver. Esta correspondese coa información dunha "ameixa amarela".

Información de composición (por 100 g de porción comestible)



ComponenteValorUnidadFuente
Proximales
alcohol (etanol)0g61
energía, total224 (54)kJ (kcal)236
grasa, total (lipidos totales)0.2g179
proteina, total0.75g179
agua (humedad)82.35g179
Hidratos de Carbono
fibra, dietetica total2.3g179
carbohidratos12g61
Vitaminas
Vitamina A equivalentes de retinol de actividades de retinos y carotenoides20ug310
Vitamina D0ug61
Viamina E equivalentes de alfa tocoferol de actividades de vitámeros E0.5mg179
folato, total3ug32
equivalentes de niacina, totales0.5mg179
riboflavina0.035mg179
tiamina0.055mg179
Vitamina B-120ug61
Vitamina B-6, Total0.05mg179
Vitamina C (ácido ascórbico)6mg179
Minerales
calcio12.5mg179
hierro, total0.45mg179
potasio236.5mg179
magnesio11.5mg179
sodio0.5mg179
fósforo29mg179
iodurotrazaug31
selenio, total0.5ug30
zinc (cinc)0.4mg180
Paso 5: buscade imaxes, presentacións ou vídeos sobre as vosas froitas que enriquezan o voso traballo. XA O TEDES TODO!
Agora o último paso: facede unha presentación (powerpoint ou similar) ou un traballo teórico (en word ou outro procesador de texto) no que expoñades a información máis importante sobre a vosa froita, as vantaxes que nos aportaría consumila e onde e cando a podemos atopar "de tempada".
Non esquezades facer:
1.- Unha portada co título e os autores do traballo (nome, apelidos, curso e grupo).
2.- Unha introducción falando da froita en xeral.
3.- Unha análise das froitas. (cos datos dos pasos 3 e 4)
4.- Un apartado de conclusións no que recollades a vosa impresión sobre o proceso de facer o traballo e o que aprendíchedes sobre as vosas froitas. Podedes comparalas entre elas para ver que diferenzas amosan.
5.- Unha bibliografía ou webgrafía na que se recollan as páxinas das que sacáchedes a información e as imaxes do voso traballo.
LEMBRADE QUE AS IMAXES E GRÁFICOS ENRIQUECEN O VOSO TRABALLO  E QUE NON TEN QUE SER MOI EXTENSO, SENON MOI CLARO E FIDEDIGNO (É dicir, que a información sexa fiable).

sábado, 1 de xuño de 2019

PONLLE AS PILAS AO TEU BOCATA


Co soporte da Consellería do Mar, desenvolveuse no IES o programa Ponlle as Pilas ao teu Bocata, no que participou o alumando de 2º de ESO dos grupos A, B, C e D.
Preme no enlace e envía a enquisa sobre esta actividade:


Non esquezas enviala ao remate premendo no botón "ENVIAR". 
GRAZAS POLA TÚA COLABORACIÓN


Durante o obradoiro, o alumnado puido coñecer polo miudo as vantaxes nutricionais que aportan os produtos mariños, nomeadamente as conservas, e tamén as hortalizas, legumes, brotes e outros alimentos coas que enriquecer as súas merendas.  

Despois do obradoiro baixaron ao patio interior para realizar unha actividade de deseño dos seus propios bocatas, personalizados segundo o gusto de cada un e recibir un díptico con receitas baseadas nas conservas de bonito, mexilón, sardiña, xarda, etc.

 A asistencia foi masiva e o éxito garantido. Seguro que agora temos máis alternativas nas que pensar para desfrutar dunha boa e nutritiva merenda.






martes, 28 de maio de 2019

FROITA FRESCA. ENQUISA


Preme no enlace para contestar este sinxelo cuestionario sobre o programa de reparto de froita fresca na escola. Axudarasnos a coñecer o teu nivel de satisfacción e a mellorar no que se poida. Grazas de antemán por colaborar!

ENQUISA SOBRE O REPARTO DE FROITA

mércores, 22 de maio de 2019

12 CONSELLOS PARA UNHA VIDA SAUDABLE


TRABALLO XERMOLÓN. PARTE 2

Para facer o traballo XERMOLÓN, xuntádevos en grupos de 3 a 5 persoas e, despois de analizar a etiqueta nutricional dos produtos que escollichedes e rexistrar os datos, comprobade o tipo de aditivos, conservantes e colorantes alimentarios que contén. Algúns deles son inocuos, pero outros teñen efectos prexudiciais para a nosa saúde. É moi sinxelo, lede o listado de ingredientes e comprobade se aparece algún aditivo.
Os aditivos alimentarios clasifícanse mediante a numeración E seguida de 3 ou 4 díxitos. Nas etiquetas aparecen do seguinte xeito:

  1. A letra E aparece no primeiro lugar. 
  2. A continuación aparecen os 3 ou 4 díxitos. O primeiro número indica a categoría á cal pertence o aditivo:
E-1XX: Colorantes
E-2XX: Conservantes
E-3XX: Antioxidantes
E-4XX: Estabilizantes, emulxentes/emulsionantes, espesantes/gelificantes.
E-5XX: Acidulantes, correctores da acidez, antiaglomerantes
E-6XX: Potenciadores do sabor
E-9XX: Edulcorantes, varios
O segundo díxito fai referencia á familia dos aditivos (no caso dos colorantes indica a cor e no dos antioxidantes o grupo químico ao que pertencen). O resto dos díxitos serven para identificar cada substancia. 
Despois de localizalos, revisade as súas características premendo no enlace que hai embaixo. Buscade os que están presentes nos vosos produtos e comprobade as súas características (para que se empregan, en que alimentos adoitan atoparse, que efectos teñen, etc):
ADITIVOS, CONSERVANTES E COLORANTES

Revisade na web da Axencia Española de Seguridade Alimentaria e lede o decálogo "12 decisións saudables". Serviranvos para ter en conta á hora de completar o traballo.

12 DECISIÓNS SAUDABLES

Finalmente, revisade a web da Organización Mundial da Saúde para atopar información sobre LÍMITES ao consumo de azucre, sal e graxas (de distintos tipos: totales, saturadas e hidroxenadas) e RECOMENDACIÓNS ao respecto do consumo diario de froitas e verduras e de fibra.

RECOMENDACIÓNS XERAIS DA OMS

RECOMENDACIÓNS ESPECÍFICAS PARA UNHA ALIMENTACIÓN SANA

Agora xa podedes redactar o voso traballo. Os apartados que debe de conter OBRIGATORIAMENTE son:
1.- Portada na que constarán o título, o nome e apelidos dos autores e o curso e grupo.
2.- Índice do traballo coas páxinas nas que atopar cada apartado.
3.- Introducción, na que podedes explicar conceptos (alimentación, nutrición, balance calórico, etc.), explicar a importancia de ter unha alimentación saudable e un estilo de vida san e as repercusións que pode ter tanto esto como o contrario na saúde.
4.- A selección de produtos realizada explicando por que elíxichedes os produtos que ides analizar no traballo.
5.- Os datos máis importantes do análise nutricional (os das etiquetas nutricionais e os que vos chamen a atención do listado de ingredientes). SO INDICAR OS DATOS, NON EXPLICAR NIN ANALIZAR.
6.- Analise dos datos, facendo referencia ás recomendacións da OMS para comprobar se o produto seleccionado ten carencias ou características boas ou malas (pensade que é un produto para tomar no tempo de lecer, que non debería de superar o 10-15% do aporte calórico, xa que as comidas diarias teñen que aportarnos a meirande parte dos nutrientes, polo que tampouco deben superar esas porcentaxes respecto da cantidade diaria límite de sal, azúcar, graxas ou graxas saturadas. Comprobade tamén se aportan minerais, vitaminas e fibra en relación co seu aporte calórico ou se teñen ou publicitan algunha outra "vantaxe nutricional").
7.- Aportade CONCLUSIÓNS sobre a calidade do produto en relación cunha dieta saudable. A análise dos datos é un apartado amplo, pero as conclusións deben ser concretas e concisas.
8.- PROPOSTAS: propoñede un produto alternativo que CORRIXA  as carencias que detectachedes (ben sexa exceso de sal, exceso de azucre, falta de fibra, presenza  de moitas graxas saturadas, escaseza de vitaminas e minerais...). Na páxina web da Base de Datos Española de Composición de Alimentos podedes atopar información nutricional sobre distintos grupos de alimentos para comprobar a súa composición nutricional e escoller aquel que mellor corrixa as carencias nutricionais que atopachedes na vosa análise. Lembrade que o que escollades debe ser fácil de atopar e comer no tempo de lecer:

BASE DE DATOS SOBRE COMPOSICIÓN DE ALIMENTOS

9.- Recollede as referencias bibliográficas ou webgráficas das que sacáchedes a información e as imaxes que aportades. Lembrade que GOOGLE  non é unha referencia, senón un motor de busca de información que vos leva a distintas páxinas (esas son as que tedes que recoller).

LEMBRADE QUE APORTAR IMAXES E GRÁFICOS ENRIQUECERÁ VISUALMENTE O VOSO TRABALLO.

martes, 14 de maio de 2019

O ALMORZO. Traballo teórico para 3º de ESO

O traballo teórico que faremos nesta avaliación está relacionado co almorzo. Mira a presentación que hai a continuación e logo le detidamente as instrucións do traballo que deberás facer en grupos de 4 a 6 estudiantes.

O almorzo

Cada integrante do grupo terá que escoller alomenos un grupo de alimentos que incluír no voso almorzo saudable. Despois, cada un poderá seleccionar un alimento concreto dentro dese grupo e analizalo en canto ao seu valor nutricional. Xuntando a información nutricional dos 6 grupos de alimentos que debe de haber nun almorzo teredes a información nutricional da vosa proposta de almorzo.
Para facilitarvos a busca de información, nesta entrada podedes atopar un enlace á páxina web da Base de Datos Española de Composición de Alimentos (BEDCA). Premendo no enlace entraredes nun site que permite coñecer a composición dun número importante de alimentos e que se fundamenta en abundantes publicacións científicas e referencias (279).
No apartado "consultas" desta web podes seleccionar distintos grupos de alimentos que deben de formar parte do voso almorzo saudable e escoller un dos alimentos que integran ese grupo. Premendo sobre o alimento verás a súa composición nutricional enteira. Por exemplo, se quero introducir  froitas, podo escoller entre máis de cincuenta propostas a que me pareza máis interesante ou me guste máis.

Base de datos de alimentos BEDCA

A información que debedes de recoller de cada alimento é:

  1. Que parte do alimento é comestible. Este dato aparece en porcentaxe e indícanos canto dun alimento podemos aproveitar realmente.
  2. Cantidade de auga que contén (isto indícanos que parte do alimento non vai ter ningún valor nutricional porque a auga non ten enerxía, nin vitaminas, nin minerais, etc.).
  3. Composición nutricional, é dicir, qué porcentaxe de Hidratos de Carbono, de Proteínas e de Graxas ten (Isto serve para saber se é un alimento moi enerxético ou máis ben plástico).
  4. Enerxía total (ven expresada en Kilojulios e Kilocalorías. Esta última referencia é a que se adoita empregar en nutrición para saber se un alimento é moi ou pouco enerxético).
  5. Se ten fibra e en qué cantidade.A fibra é importante para un bo tránsito intestinal e para prever algunhas doenzas como o estrinximento.
  6. Se ten ácidos graxos saturados e cantos ten en total (son graxas cuxo consumo é necesario limitar, polo que é importante saber cantas estamos consumindo).
  7. Se ten vitaminas e cales. As vitaminas indícannos que este alimento aporta substancias importantes para a nosa saúde.
  8. Se ten minerais e cales. Algúns minerais son indispensables para nós e axudan a previr ou, mitigar ou curar determinadas doenzas como a anemia, a osteoporose, o bocio, etc.
  9. A cantidade de sodio que contén (o sodio ten que consumirse de xeito limitado porque pode afectar á nosa saúde e provocar doenzas tan graves como a hipertensión arterial).
Esta recollida de información permitiravos, unha vez que a corrixamos na clase, elaborar un traballo ben feito sobre o almorzo e facer unha proposta viable e saudable de como o faríades. Lembrade recoller toda a información da toma de datos por escrito separando cada grupo de alimentos e indicando os datos que recollíchedes. Esta toma de datos debe de estar lista para o día 22 de maio, cando teredes que entregar o voso traballo de grupo indicando na portada:
  1. Curso e grupo.
  2. Nome e apelidos dos integrantes do grupo.
  3. Título "Almorzo Saudable".
Na primeira folla explicade brevemente por que escollíchedes os alimentos que integran a vosa proposta e en que cantidades os ides incluir. 
A continuación so queda reflexar na/s páxina/s seguintes os datos que atopachedes na vosa búsqueda. Na última folla hai que incluír a referencia ás páxinas web, libros ou revistas que consultarades (neste caso con recoller a da BEDCA é suficiente).