martes, 7 de abril de 2020

CONCURSO DE RECEITAS CON PRODUTOS DO MAR

Ola rapaces!
Xa estou de novo aquí.

Despois do éxito do concurso de receitas con froita a profe de galego Rocío está a corrixir uns pequenos erros para que poidamos editar unha revista virtual coas vosas receitas. Pronto estará lista para que poidades consultalas no blogue vallehealthyfood e probar as que propuxeron os vosos compañeiros e compañeiras. Ai, que nervios!

Agora empezamos un concurso de receitas con outros produtos que son moi saudables e cuxo consumo frecuente recomendan a OMS e outros organismos internacionais, estatais e autonómicos: o peixe e o marisco.
Entrade en https://vallehealthyfood.blogspot.com/2020/04/o-sabor-da-aventura-esta-no-mar-1-de-eso.html, lede os distintos apartados e facede as actividades, entre as que tamén hai unha proposta de receitas con produtos mariños. 

Agora xa estaredes listos para presentar a vosa proposta. Tedes ata o 30 de abril para elaborar, fotografiar (lembrade, sempre con unha parte do voso corpo na foto) e enviar a vosa receita ao e-mail merce.iespf@gmail.com
Lembrade que vosa preparación debe de ser atractiva, sostible (con peixe de tempada e, mellor se é barato) e ademáis saudable (se inclúe verduras, produtos da horta ou legumes, mellor).

Os criterios de puntuación das receitas serán:
Ata 2,5 puntos pola orixinalidade e sostibilidade
Ata 2,5 puntos pola dificultade de elaboración
Ata 2,5 puntos pola presentación do plato
Ata 2,5 puntos pola presentación do traballo e a corrección lingüística.

Ánimo, saúde e océano para tod@s!

luns, 6 de abril de 2020

CONCURSO DE BOCATAS CON PRODUTOS DO MAR, DA TERRA E CONSERVAS

Ola rapaces e rapazas,
Entrade no blogue https://vallehealthyfood.blogspot.com/ e buscade as actividades para 2º de ESO, concretamente a que fala do proxecto "Ponlle as Pilas ao teu Bocata".
Lede a información, facede as actividades e preparade as vosas propostas para o concurso de bocatas. O prazo modificouse: podedes enviar as vosas propostas de bocatas ata o 30 de abril.
Facede canto antes as vosas propostas, presentádeas nunha ÚNICA diapositiva de powerpoint ou un programa similar: no lado esquerdo da diapositiva hai que poñer os ingredientes e a elaboración. No lado dereito unha foto do bocata que fixechedes nas que saia unha foto do voso corpo para saber que o fixechedes vos. Despois, enviádeo a merce.iespf@gmail.com
Ánimo, que haberá premio para os tres primeiros clasificados e entre tod@s faremos un recetario para publicalo no blogue.
Saúdos agarimosos e unha aperta a tod@s 

domingo, 5 de abril de 2020

PRODUTOS DO MAR, SAUDE A FARTAR!

Ola rapaces,
Entrade no blogue https://vallehealthyfood.blogspot.com/ e buscade as actividades para 1º de ESO e para 2º de ESO.
Lede a información que hai nos enlaces, facede as actividades e preparade as vosas participacións nos concursos de bocatas (xa está activo) e de receitas con produtos mariños (abrirase proximamente). 


Ánimo e a desfrutar dos produtos do mar!

domingo, 22 de marzo de 2020

FROITAS: FRESCAS, NUTRITIVAS E DELICIOSAS!

Premendo no enlace poderás ver o traballo que algunhas compañeiras fixeron para presentarnos os beneficios das froitas. Atréveste a facer ti o teu? Que nos propós?

FROITAS, 
QUE DELICIA!

luns, 16 de marzo de 2020

TRABALLO SOBRE FROITAS PARA 2º DE ESO

Premendo no enlace poderás acceder ao blogue VALLE INCLÁN HEALTHY LIFE PROJECT no que tes as instruccións para facer o teu SEGUNDO traballo da avaliación.
A data de entrega do traballo é o 3 DE ABRIL DE 2020.
Para entregar o traballo deberedes de remitilo ao mail merce.iespf@gmail.com indicando un e-mail ao que vos poida remitir correccións e, no apartado ASUNTO, o voso curso e grupo. Non esquezades indicar os integrantes do grupo de traballo no texto do mail.
Non esquezades cumplimentar todos os apartados do traballo. Cada un dos 5 apartados supón 2 puntos se está correcto, de xeito que a nota final pode acadar o 10.
Deberá de entregarse en arquivo de presentación de diapositivas (POWERPOINT ou similar) ou en procesador de texto (WORD ou similar). Non o entreguedes en PDF porque así non poderei facer correccións.  Os 4 traballos máis destacados, ademais de ter mellor nota, converteranse en revistas virtuais no blogue  para que a comunidade educativa os poida ler. Así, entre todos, contribuimos a mellorar a súa alimentación. 

mércores, 8 de xaneiro de 2020

ENQUISA SOBRE ACTIVIDADE FÍSICA

Preme no enlace que atoparás embaixo deste texto e constesta ás preguntas sobre actividades físicas que practicas.
Grazas por colaborar co grupo Valle Inclán Heathy Life Project!

ENQUISA SOBRE HABITOS ALIMENTICIOS


Preme no enlace para abrir a enquisa de hábitos alimenticios. Contesta a cada pregunta e preme en "ENVIAR".
O grupo Valle Inclán Healthy Life Project agradece a túa colaboración!

mércores, 3 de xullo de 2019

RESULTADOS DA ENQUISA DE HÁBITOS DE ALIMENTACIÓN 2019

Despois de ter pasado a enquisa ao noso alumnado e co apoio  e dirección da profesora Edelmira, de TICs, o alumnado de 4º de ESO ben de elaborar uns gráficos moi ilustrativos sobre as características dos hábitos nutricionais do noso alumnado. Abrindo o enlace poderás comprobar as fortalezas e debilidades da nosa alimentación e contrastalas coas recomendacións da Organización Mundial para a Saúde para poder mellorala. bota un vistazo!

GRÁFICOS DA ENQUISA NUTRICIONAL

mércores, 26 de xuño de 2019

BENEFICIOS DA FROITAS

Neste enlace podes atopar unha presentación elaborada polo alumnado na que se recollen as características e beneficios dalgunhas das froitas que consumimos durante este curso. Como podes ver na segunda diapositiva, en función da cor xa podes intuir os beneficios que te aportará comer unha froita ou hortaliza. Preme no enlace e descubrirás moitas cousas máis que descoñecías!

BENEFICIOS DAS FROITAS

luns, 17 de xuño de 2019

ENQUISA ACTIVIDADE DO 20 DE XUÑO

Por favor, axúdanos a mellorar!
Preme no enlace e contesta ao formulario sobre a actividade desenvolvida o día 20 na biblioteca do IES. Lembra contestar a todas as preguntas obrigatorias antes de enviar a información. Grazas.

ENQUISA O SABOR DA AVENTURA ESTA NO MAR XUÑO 2019

luns, 3 de xuño de 2019

A FROITA. TRABALLO DE 2º DE ESO

Paso 1: facede grupos de 5 persoas. Recoméndovos que sexan as mesmas que fixeron o traballo sobre análise dos produtos que consumides no tempo de lecer!
Paso 2: escollede unha froita cada un
Paso 3: buscade información sobre a vosa froita: tempada en que se pode atopar, lugares nos que se produce, se ten distintas variedades, se require algún tipo de preparación, cal é o seu precio aproximado en tempada, etc.
Paso 4: buscade na base de datos española sobre composición de alimentos (BEDCA) os nutrientes que contén a vosa froita e tratade de ver cales son máis relevantes (pola cantidade que contén en relación coas necesidades diarias ou pola importancia que teñen para a nosa saúde). Esta base de datos está no link BEDCA. Alí premendo no botón "CONSULTA" que hai na parte superior dereita da ventana podedes seleccionar o tipo de alimentos que queredes consultar (froitas e derivados) e abrirase unha ventana que ten información detallada sobre moitísimas froitas. So hai que premer enriba do nome. A información é moi éxtensa, polo que vos recomendo que vos limitedes a consultar a seguinte: información nutricional (valor calórico, nutrientes, vitaminas  e minerales) escollendo o valor e a unidade (non é o mesmo que teña 10 gramos que que teña 10 mg ou 10 ug). O apartado "fuente" so vos di de que estudio se obtivo a información e non é preciso recollelo. A continuación póñovos un exemplo das táboas que poderedes ver. Esta correspondese coa información dunha "ameixa amarela".

Información de composición (por 100 g de porción comestible)



ComponenteValorUnidadFuente
Proximales
alcohol (etanol)0g61
energía, total224 (54)kJ (kcal)236
grasa, total (lipidos totales)0.2g179
proteina, total0.75g179
agua (humedad)82.35g179
Hidratos de Carbono
fibra, dietetica total2.3g179
carbohidratos12g61
Vitaminas
Vitamina A equivalentes de retinol de actividades de retinos y carotenoides20ug310
Vitamina D0ug61
Viamina E equivalentes de alfa tocoferol de actividades de vitámeros E0.5mg179
folato, total3ug32
equivalentes de niacina, totales0.5mg179
riboflavina0.035mg179
tiamina0.055mg179
Vitamina B-120ug61
Vitamina B-6, Total0.05mg179
Vitamina C (ácido ascórbico)6mg179
Minerales
calcio12.5mg179
hierro, total0.45mg179
potasio236.5mg179
magnesio11.5mg179
sodio0.5mg179
fósforo29mg179
iodurotrazaug31
selenio, total0.5ug30
zinc (cinc)0.4mg180
Paso 5: buscade imaxes, presentacións ou vídeos sobre as vosas froitas que enriquezan o voso traballo. XA O TEDES TODO!
Agora o último paso: facede unha presentación (powerpoint ou similar) ou un traballo teórico (en word ou outro procesador de texto) no que expoñades a información máis importante sobre a vosa froita, as vantaxes que nos aportaría consumila e onde e cando a podemos atopar "de tempada".
Non esquezades facer:
1.- Unha portada co título e os autores do traballo (nome, apelidos, curso e grupo).
2.- Unha introducción falando da froita en xeral.
3.- Unha análise das froitas. (cos datos dos pasos 3 e 4)
4.- Un apartado de conclusións no que recollades a vosa impresión sobre o proceso de facer o traballo e o que aprendíchedes sobre as vosas froitas. Podedes comparalas entre elas para ver que diferenzas amosan.
5.- Unha bibliografía ou webgrafía na que se recollan as páxinas das que sacáchedes a información e as imaxes do voso traballo.
LEMBRADE QUE AS IMAXES E GRÁFICOS ENRIQUECEN O VOSO TRABALLO  E QUE NON TEN QUE SER MOI EXTENSO, SENON MOI CLARO E FIDEDIGNO (É dicir, que a información sexa fiable).

sábado, 1 de xuño de 2019

PONLLE AS PILAS AO TEU BOCATA


Co soporte da Consellería do Mar, desenvolveuse no IES o programa Ponlle as Pilas ao teu Bocata, no que participou o alumando de 2º de ESO dos grupos A, B, C e D.
Preme no enlace e envía a enquisa sobre esta actividade:


Non esquezas enviala ao remate premendo no botón "ENVIAR". 
GRAZAS POLA TÚA COLABORACIÓN


Durante o obradoiro, o alumnado puido coñecer polo miudo as vantaxes nutricionais que aportan os produtos mariños, nomeadamente as conservas, e tamén as hortalizas, legumes, brotes e outros alimentos coas que enriquecer as súas merendas.  

Despois do obradoiro baixaron ao patio interior para realizar unha actividade de deseño dos seus propios bocatas, personalizados segundo o gusto de cada un e recibir un díptico con receitas baseadas nas conservas de bonito, mexilón, sardiña, xarda, etc.

 A asistencia foi masiva e o éxito garantido. Seguro que agora temos máis alternativas nas que pensar para desfrutar dunha boa e nutritiva merenda.






martes, 28 de maio de 2019

FROITA FRESCA. ENQUISA


Preme no enlace para contestar este sinxelo cuestionario sobre o programa de reparto de froita fresca na escola. Axudarasnos a coñecer o teu nivel de satisfacción e a mellorar no que se poida. Grazas de antemán por colaborar!

ENQUISA SOBRE O REPARTO DE FROITA