venres, 26 de abril de 2019

ENQUISA SOBRE O SABOR DA AVENTURA. LONXA E PRAZA DE PORTONOVO

Con esta enquisa queremos ter unha valoración vosa sobre a actividade "O sabor da aventura está no mar" que fixemos o pasado mes na lonxa, o peirao e a praza de abastos de Portonovo. Cubríndoa axudarasnos a valorar a actividade e a mellorala no que se poida.
Preme no enlace para cubrir a túa enquisa. Tes que contestar a cada pregunta antes de enviar. Non esquezas premer ENVIAR antes de saír do cuestionario!
ENQUISA

domingo, 7 de abril de 2019

O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR

Este xoves e venres, 14 e 15 de marzo, o alumnado de 1º de ESO viaxou ata Portonovo para ver na lonxa, no peirao e na praza como se recolle, subasta e vende o peixe e outros produtos mariños; que tipo de aparellos se empregan e como funciona unha praza.
O persoal da consellería organizounos unha subasta e as peixeiras ensináronnos a diferenciar entre o rape e a xuliana, entre o ollomol e os panchos ou entre as zamburiñas e as volandeiras.
Para rematar, servíronnos unha merenda elaborada con produtos mariños que degustamos antes de volver ao IES.







XERMOLÓN 2019

O Proxecto Xermolón trata de que o alumnado e a comunidade educativa adquiran unha conciencia informada e crítica ao respecto dos produtos procesados que adoitan consumir no seu tempo de lecer.

Unha das estratexias consiste en que aprendan a ler as etiquetas nutricionais dos produtos e a comparalas coas referencias que distintas organizacións e entidades -entre as que está a Organización Mundial da Saúde (OMS)- aportan para que a nosa alimentación sexa máis equilibrada e san, identificando os nutrientes valiosos e aqueles cos que deben establecer liñas vermellas.

O primeiro paso deste proxecto consiste en escoller un produto procesado que o/a estudante seleccione un produto que queira analizar entre os que adoita consumir, ben sexa por mercalo no seu tempo de lecer ou porque o atopa na casa.

Tras ler a etiqueta nutricional (etiquetaxe nutricional) e a composición (ingredientes), hai que contestar ao cuestionario seguinte e envialo para que os datos aportados por cada un de vós queden rexistrados nunha base de datos nutricional do Valle Inclán.

CUESTIONARIO XERMOLÓN 

O último paso do traballo consiste en facer unha interpretación dos datos vendo cales son positivos e cales menos adecuados e por que (para iso hai que consultar as recomendacións nutricionais da OMS).

Remataremos o noso traballo facendo unha suxestión para mellorar o produto ou cambialo por outro igual de doado de atopar e comer pero con maior ou mellor valor nutricional. Esa información podemos trasladarlla a toda a comunidade educativa (alumnado, profesorado, traballadores e pais/nais ou familiares) aportando un traballo que se colgará neste blogue.

Entre todos seguro que melloraremos a nosa saúde dun xeito significativo. Ánimo!

sábado, 6 de abril de 2019

3ª semá da froita


A vindeira semá, do 8 ao 12 de abril, iniciaremos unha nova semá da froita na que poderedes degustar peros de inverno, plátanos, mandarinas, amorodos e arandos.
Desta vez cambiamos as mazás e os kiwis polos peros e os arandos para ampliar a nosa oferta e porque aquelas froitas foran as menos valoradas polo alumnado na última enquisa de satisfacción.

Lembrade solicitarlles aos vosos delegados/as que baixen cinco minutos antes do recreo para recoller as vosas encargas.

Bo e saudable proveito!






Imos ver que opinan os nosos veciños de Portugal e Brasil sobre estas froitas:

Os arandos são bagas que contêm muito poucos açúcares e são ricos em antioxidantes e flavonóides. Entre algumas das propriedades destacam-se as seguintes:
Adstringente e antidiarreico. Os arandos são frutos frutos silvestres ricos em componentes que ajudam a parar o crescimento de bactérias, e tratar doenças do aparelho digestivo, problemas de estômago, cólicas, diarreia, indigestão, inflamações intestinais e a gastroenterite.
Propriedades Tônicas e gastroprotetoras, que ajudam a facilitar a digestão e a eliminar o inchaço.
Propriedades Antissépticas, que impedem a formação de bactérias nas celulas epiteliais do trato urinário, prevenindo assim a infecção. Também aumenta a acidez na urina uma vez que é uma fruta ácida, evitando assim a multiplicação de agentes infecciosos e a formação de cálculos de fosfato de cálcio, que podem dar origem ao desenvolvimento de cálculos renais (urolitíase), normalmente conhecidos como pedra no rim.


A pera é rica em fibras como a pectina, que ajuda no controle do colesterol, da glicose no sangue, além de fazer o intestino funcionar regularmente. Uma peculiaridade desta fruta é que ela contém boro, um mineral que ajuda nas atividades neuronais, tornando o raciocínio claro. É indicada para pessoas estressadas e com a mente cansada. Quantidade diária ideal: uma unidade. Vitaminas: A e C.

venres, 15 de marzo de 2019

2ª SEMANA DA FROITA



Pasado o Entroido, unha nova semana de reparto de froita chega ao Valle Inclán. Nesta ocasión deixamos os kiwis, froita de inverno, e incorporamos os amorodos, froita de primavera. Mandarinas plátanos e mazá seguen a ser o noso fondo de armario saudable.


Este é o plan semanal:

PLAN DE REPARTO DE FROITA FRESCA NO VALLE




venres, 25 de xaneiro de 2019

Enquisa sobre a Semana da Froita




Axúdanos a mellorar. Resposta a enquisa sobre o reparto de froita fresca no IES premendo no enlace.

ENQUISA SOBRE O REPARTO DE FROITA NO IES

Non esquezas premer en ENVIAR ao remate

xoves, 17 de xaneiro de 2019

SEMANA DA FROITA








Este ano 2019 comezamos con novos folgos o noso intento de levar unha vida máis saudable. Imos comezar por promover o consumo de froita fresca na nosa comunidade educativa.
Premendo no enlace poderás ver o plan de consumo de froita que ideamos para a semana do 21 ao 25 de xaneiro.
Podes recoller a túa froita no patio interior do IES encargándolle ao delegado ou delegada do teu curso que cha recolla cinco minutos antes de comezar o recreo.
Xa sabes, alomenos 5 racións de froitas e verduras diarias!
A túa saúde mellorará e o teu ánimo tamén!
Hipervitamínate no Valle!

martes, 30 de outubro de 2018

ENQUISA DA ACTIVIDADE "O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR"

No seguinte enlace poderás cubrir o cuestionario-enquisa sobre o obradoiro "O Sabor da Aventura está no Mar" na que participaches o día 23 de outubro en Campelo.
Responde ás preguntas, premendo no enlace de abaixo, e envía as túas respostas para que poidamos mellorar.

Enquisa "O Sabor da Aventura"

luns, 22 de outubro de 2018

ENQUISA SOBRE ACTIVIDADE FÍSICA

Queremos coñecer cal é o teu nivel de actividade física nos derradeiros 7 días (a derradeira semana). Isto inclúe todas aquelas actividades como xogos, deportes, ximnasia ou danza que te fan suar ou sentirte canso/a e tamén os xogos que fan que a túa respiración sexa máis rápida, como o pilla-pilla, saltar á comba, correr, trepar e outras. Grazas por colaborar.
Lembra:
1. Non hai preguntas boas ou malas. Isto NON é un exame!
2. Contesta o cuestionario da forma máis honesta e sincera posible. Isto é moi importante

ENQUISA SOBRE ACTIVIDADE FÍSICA

ENQUISA SOBRE ALIMENTACIÓN

Premendo no link seguinte poderás cubrir a enquisa sobre alimentación  coa que valorar os puntos fortes e fracos dos teus hábitos alimenticios.
Este formulario está baseado na enquisa Enkid sobre adherencia á dieta mediterránea, que como sabes, está considerada unha das máis saudables do mundo.
Reflexiona antes de contestar a cada pregunta e trata de que a resposta sexa a que máis se aproxima á túa realidade.
Non esquezas cubrir todos os datos e premer o botón de ENVIAR ao remate.
Coidado! Se non envías a enquisa é como se non a fixeras!

ENQUISA SOBRE ALIMENTACIÓN


mércores, 27 de xuño de 2018

Proxecto XERMOLON

O proxecto xermolón trata de que o alumnado e a comunidade educativa adquira unha conciencia crítica ao respecto dos produtos que consumen no seu tempo de lecer. Que aprendan a ler as etiquetas nutricionais dos produtos e a comparalas coas refencias que distintas organizacións e entidades (entre as que está a Organización Mundial da Saúde) aportan para que a nosa alimentación sexa máis equilibrada e sá.
Algúns dos traballos presentados polos alumnos apórtannos información relevante sobre a composición nutricional dos produtos que adoitan consumir os seus compañeiros e, o que é máis importante, suxiren alternativas máis sans.
Outros traballos baseáronse nos listados de alimentos que o alumnado de 1º de ESO recolleu nos frigoríficos e alacenas das súas casas e que o alumnado de 1º de bacharelato analizou críticamente separándoos en categorías de frescos e procesados e facendo unha revisión do que cada categoría de alimentos supón desde o punto de vista da nutrición e da saúde.
Algúns exemplos destes traballos podemos velos abaixo:

martes, 19 de xuño de 2018

Asi somos!

Nesta entrada poderás ver os resultados da enquisa sobre nutrición realizada polo alumnado do IES Valle Inclán neste curso 2017-2018.
O alumnado de bacharelato, coordinado pola profesora de TICs analizou os datos e elaborou os gráficos nos que podedes atopar o perfil nutricional do alumnado por niveis e por xéneros.
Que vos chama máis a atención?

Perfil nutricional do alumnado de secundaria. O IES Valle Inclán



xoves, 14 de xuño de 2018

O sabor da aventura está no mar


O sabor da aventura está no mar. Coñecemos os beneficios dos produtos mariños que nos explicaron os membros da pandilla dos arroaces.
Mexilón, troita, lirio, rodaballo, pescada, sardiña e xurelo explicáronnos como mellorará a nosa vista, o estado de ánimo,a forza, a memoria e tantas cousas... Anímate a probalos!
Tamén coñecemos os distintos traballos do mar e artes de pesca sostibles. Tamén como diferenciar unha zamburiña dunha volandeira e unha navalla dun longueirón e a importancia de depurar os moluscos antes de consumilos.